Santiago de Compostela entre o mito e a realidade en Trece badaladas/Trece campanadas
DOI:
https://doi.org/10.5944/rllcgv.vol.18.2013.10795Palabras clave:
literatura e cine, cidade nas artes, Suso de Toro, Xavier Villaverde, Trece badaladas, literature and cinema, city in the arts,Resumen
Santiago de Compostela tivo sempre unha especial relevancia nas artes pola súa función de cidade-templo. Axiña foi mitificada e creada literariamente como un espazo sagrado pola presenza da Catedral e do sepulcro do Apóstolo Santiago. Porén, queremos comprobar se esta visión permanece vixente no século XXI, e para iso escollemos a novela Trece badaladas de Suso de Toro, pois a adaptación do argumento ao cinema na película Trece campanadas, dirixida por Xavier Villaverde, permítenos examinar en dúas disciplinas artísticas a visión da cidade. O noso obxectivo é analizar como funciona a cidade e os procesos de mitificación e desmitificación que se perseguen tanto na novela como na película para descubrir os propósitos dos autores.
Santiago de Compostela has always had a special relevance in art because of its function as a city-temple. It was soon mythified and created literarily as a sacred space for the presence of the cathedral and the grave of Apostle Santiago. However, we intend to analyze if this vision still remains in the 21st century. In order to check it, we have chosen Suso de Toro’s novel Trece badaladas, and its fim adaptation Trece campanadas, directed by Xavier Villaverde, because these works allow us to examine the vision of urban space in two artistic disciplines. Our aim is to analyze the city and the processes of mythification and demythification that are intended in the novel as well as in the film to discover the purposes of the authors.