Léxico e sociedade. A propósito dos termos de parentesco na xeografía lingüística galega
DOI:
https://doi.org/10.5944/rllcgv.vol.25.2020.28902Palabras clave:
xeografía lingüística, léxico de parentesco, análise do discurso linguistic geography, kinship lexicon, discourse analysisResumen
A partir de datos extraídos do Atlas Lingüístico Galego (proxecto de Xeografía lingüística desenvolvido no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela) relativos ao léxico referido ás relacións de parentesco, analizaranse os valores semánticos denotativos e connotativos dos termos, e amosarase como relicten o sesgo que presenta a lingua galega canto ao tratamento do masculino e o feminino en función do pensamento ancorado na sociedade. Deste xeito, tratará de amosarse un retrato sociolingüístico da dialectoloxía galega, aplicando conceptos da Análise do Discurso sobre una base documental pensada para a Dialectoloxía.
Some data extracted from the Atlas Lingüístico Galego (a project of Linguistic Geography developed at the Instituto da Lingua Galega of the University of Santiago de Compostela) related to the lexicon that refers to kinship, we will analyze the denotative and connotative semantic values of the terms, and we will show how they relect the bias that the Galician language presents regarding the treatment of the masculine and feminine genders according to the thought embedded in society. In this way, a sociolinguistic portrait of Galician dialectology will be drawn by applying concepts from Discourse Analysis on a database designed for Dialectology.