Sororidade e mito en Circe ou o pracer azul de Begoña Caamaño

Autores/as

  • María Teresa Bermúdez Montes Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.5944/rllcgv.vol.28.2023.38945

Palabras clave:

narrativa galega século XXI, Begoña Caamaño, mito, literatura feminista, creación revisionista de mitos, sororidade

Resumen

Este traballo céntrase na análise da novela Circe ou o pracer do azul (2009), de Begoña Caamaño, que integra e redeseña as relacións entre Penélope, Circe e Ulises, personaxes da Odisea, nunha recreación do clásico homérico desde unha perspectiva feminista. Esta reescrita transforma o relato a través da estratexia da creación revisionista de mitos (revisionist mythmaking) e incorpora nel a idea de sororidade como ferramenta de empoderamento. A obra concede o protagonismo a dúas figuras femininas contrapostas no poema homérico e na maioría das reescritas posteriores, Circe e Penélope, quen construirán unha fecunda e liberadora amizade mediante o diálogo. Circe ou o pracer do azul propón unha lectura alternativa do relato canónico, o que conecta a novela con outras recreacións contemporáneas en clave de revisionismo feminista dos mitos.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2023-11-20

Cómo citar

Bermúdez Montes, M. T. (2023). Sororidade e mito en Circe ou o pracer azul de Begoña Caamaño. Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca, 28, 163–180. https://doi.org/10.5944/rllcgv.vol.28.2023.38945

Número

Sección

Lengua y Literatura Gallegas