Lembranzas dun bo profesor

Autores/as

  • Juan Conesa

DOI:

https://doi.org/10.5944/rllcgv.vol.25.2020.28913

Resumen

Os alumnos que tiña daquela chamabámoslle Don Manuel. Lembro que
aínda eramos poucos os alumnos que, morando fóra de Galicia, escolleramos un
dos tres cursos de «Lingua e Literatura Galegas». Porque, na altura, eran tres
materias anuais e estudabamos lingua galega e mais a súa literatura. Aquela foi
unha das maiores aventuras intelectuais da miña vida.
Aínda o lembro no seu escritorio no Edificio de Humanidades da UNED.
Alí estiven máis dunha vez, xunto cunha compañeira, a deixar o tempo pasar
mentres estabamos a escoitalo falar de literatura. Porque estou certo de que a
súa paixón por riba da lingua era a literatura. Explicábaa coma se fose un conto.
Un conto en que dúas persoas xa maiores (que non eramos tan novos, non, que
xa tiñamos unha idade daquela) quedaban envoltas até que terminaba. E decorrían
dúas ou tres horas, moitas veces sen nos darmos conta do paso do tempo.
Esa era a súa maxia, a súa arte…

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2020-11-17

Cómo citar

Conesa, J. (2020). Lembranzas dun bo profesor. Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca, 25, 309–310. https://doi.org/10.5944/rllcgv.vol.25.2020.28913